sábado, 26 de maio de 2018

XXVI Edición do Certame Literario das Letras Galegas

Entre os gañadore temos a dous alumnos e unha alumna de 4º curso do noso cole.
Noraboa a Claudia, Marcos e Brais!!
Se queredes ler a nova no xornal, premede na imaxen.

venres, 25 de maio de 2018

A contaminación

Os alumnnos de 2º curso fixeron un traballo de investigación  en familia sobre a contaminación.  Despois expuxérono na clase aos seus compañeiros/as.
Teñen que estar concienciados do urxente que é coidar o medio ambiente 
con todolos medios ao noso alcancce!


venres, 4 de maio de 2018

Proxecto Plantas Medicinais

Seguindo o proxecto anual de centro sobre o Medio Ambiente, os grupos de Proa realizamos un proxecto sobre as plantas medicinais coa correspondente investigación, creación de mural expositivo e finalmente ca plantación dalgunhas das especies estudiadas.











Sen dúbida foi un proxecto moi proveitoso. Pudemos coñecer a gran cantidade de plantas que posúen propiedades beneficiosas e o horto do colexio recobrou vida! 😄





mércores, 2 de maio de 2018

Letras Galegas 2018


Nestas datas estamos a traballar, xogando e aprendendo, moitas cousas sobre a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Queremos compartir con toda a comunidade uns enlaces WEB interesantes que vos achegarán, sen dúbida á vida e obra de María Vitoria Moreno.

    

        👉   Seminario Galán (fichas, enlaces y moito máis)

            👉  Programación Letras galegas 2018 Xunta de Galicia