sábado, 28 de abril de 2018

Día do Libro

Con motivo do Día do Libro nos grupos de Proa realizamos unha Galería Literaria cun xogo de Búsqueda do Libro Misterioso seguindo unha serie de pistas, ademais dun taller de creación de marcapáxinas de xel e purpurina.




Postais do mundo

Nos grupos de Proa, aproveitando a recente exposición de selos, adentrámonos no mundo das postais participando no proxecto web Postcrossing co obxectivo de enviar e recibir postais de calquera parte do mundo.
Comezamos cunha exposición de postais para coñecer como son e como escribir nelas.




Solicitamos na plataforma web direcións de outros participantes para enviar as nosas primeiras postais e tócanos enviar as cinco primeiras a Finlandia, Estados Unidos, Alemania, Canadá e Rusia, polo que nos poñemos mans á obra elixindo as postais, redactando o texto e traducíndoo ao inglés.




Agora so nos queda esperar a recibir as primeiras postais e ver con curiosidade dende que lugar do mundo nolas enviaron.

Animamos a todas as familias que desexen desfrutar do apaixoante mundo do intercambio de postais a que se rexistren na web www.postcrossing.com
Feliz Postcrossing! 😄

mércores, 25 de abril de 2018

martes, 24 de abril de 2018

PROA

Comezamos as actividades de Proa establecendo as normas básicas de comportamento dunha forma interactiva e motivadora. Os propios nenos e nenas fotografiaronse escenificando as normas para incluilas nos carteis que eles mesmos diseñaron. Que tarde tan divertida pasamos! 😄





Biblioneiros

Velaquí a seguinte recomendación de Biblioneiros
Recomendación de Otamne

luns, 23 de abril de 2018

xoves, 19 de abril de 2018

martes, 17 de abril de 2018

luns, 16 de abril de 2018

Biblioneiros

Di o coñecido refrán "En abril  augas mil" e nos dicimos tamén "En abril libros lin".
Durante as próximas dúas semanas imos deixarvos uns cortos de vídeo cunhas recomendacións lectoras feitas polo alumnado de 6º curso. Cada día subiremos unha, esperamos que vos gusten.🎬

Recomendación de Xulia

venres, 6 de abril de 2018

Exposición de selos

Durante esta semana tivemos a oportunidade de ter no noso centro unha exposición sobre o mundo da filatelia.
O alumnado puido aprender e gozar cunha actividade pouco usual no seu mundo dixitallizado.