domingo, 16 de decembro de 2018

Os medios de comunicación antigos

Velaquí a recompilación de información que truxeron os nenos coa axuda dos seus familiares. Isto é un bo comezo para seguir afondando e aprendendo as diferentes maneiras que temos e tivemos as persoas para comunicarnos unhas coas outras.
Agradecemos a participación de todos no proxecto.

sábado, 8 de decembro de 2018

Mes da ciencia en Galego



Neste pasado mes, o alumnado estivo facendo experimentos utilizando o galego como lingua nas explicación e os traballos. Aquí tedes a mostra dalgúns dos experimentos e investigacións.










martes, 20 de novembro de 2018

Visita de Raquel Queizás

Visitounos Raquel Queizás e contounos unha historia moi entretida. Converteuse nunha detective que investigaba o caso da desaparición dunha rapaza, perdida no bosque cando ía de excursión cos/oas compañeiros/as.
Descubrimos o que lle acontecera e aprendemos tamén moitas cousas sobre a DIABETES.
Aquí vos deixo unhas fotos









luns, 19 de novembro de 2018

A aventura do Aquel

Velaquí tedes o vídeo que editamos a partires do conto elaborado entre todo o alumnado de Frións para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares.
Cada curso encargouse dunha folla e o seu respectivo texto, que foron engadindo de xeito encadeado ata rematar o conto.
Presentámolo na biblioteca usando o kamishibai, cunha lectura compartida entre todo os cursos.



Tamén vos deixamos algunhas fotos do día da presentación do conto. Todo o cole pasou pola biblioteca para gozar co resultado deste procto en común.








martes, 30 de outubro de 2018

Medios de comunicación


Aquí tedes enlaces a recursos web para traballar o tema dos Medios de Comunicación.


            👀Monografía

                      👀Wikipedia

                        👀 Presentación de SlideShare

                             👀Concepto e clasificación

                                  👀Los medios de comunicación

                                👀Vídeo educativo

                      👀Características    

                  👀Taringa    

luns, 22 de outubro de 2018

Lema Bibliotecas Escolares 2018/19


POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos.

venres, 22 de xuño de 2018

20 palabras para designar á choiva

Que bo traballo feito polo alumnado de 1º curso en colaboración coas súas familias, dentro do proxecto de Meteoescola. Agradecer a participación dos compañeiros de 2º e 4º curso... que andaban un pouco desacertados nas respostas a esas verbas de choiva, je,je.

PREMEDE NOS ENLACES PARA VER OS VÍDEOS








martes, 12 de xuño de 2018

Fin de Proa

Rematamos Proa 2018 con todo o entusiasmo que nos provoca deixar no corredor do colexio unha mostra da nosa experiencia no intercambio de postais que fixemos a nivel mundial.
Recibimos postais de Estados Unidos, China, Italia, República ChecaFrancia, Alemania e Australia!, das cales aprendemos moitas cousas e cas que viñeron incluso folletos informativos nas linguas nativas e un xogo sobre animais de Minnesota (EEUU).
Foi unha experiencia realmente enriquecedora! ❤

Animamos a todas as familias que desexen compartir a mesma experiencia que se rexistren na páxina web www.postcrossing.com

Felices vacacións de verán!😄







venres, 1 de xuño de 2018

Choiva en 20 palabras

Aquí tedes o traballo de 1º para Meteoescolas. Atoparon ata 20 palabras para chamar á choiva. 
É que en Galicia temos moita variedade  😅

sábado, 26 de maio de 2018

XXVI Edición do Certame Literario das Letras Galegas

Entre os gañadore temos a dous alumnos e unha alumna de 4º curso do noso cole.
Noraboa a Claudia, Marcos e Brais!!
Se queredes ler a nova no xornal, premede na imaxen.

venres, 25 de maio de 2018

A contaminación

Os alumnnos de 2º curso fixeron un traballo de investigación  en familia sobre a contaminación.  Despois expuxérono na clase aos seus compañeiros/as.
Teñen que estar concienciados do urxente que é coidar o medio ambiente 
con todolos medios ao noso alcancce!


venres, 4 de maio de 2018

Proxecto Plantas Medicinais

Seguindo o proxecto anual de centro sobre o Medio Ambiente, os grupos de Proa realizamos un proxecto sobre as plantas medicinais coa correspondente investigación, creación de mural expositivo e finalmente ca plantación dalgunhas das especies estudiadas.











Sen dúbida foi un proxecto moi proveitoso. Pudemos coñecer a gran cantidade de plantas que posúen propiedades beneficiosas e o horto do colexio recobrou vida! 😄





mércores, 2 de maio de 2018

Letras Galegas 2018


Nestas datas estamos a traballar, xogando e aprendendo, moitas cousas sobre a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Queremos compartir con toda a comunidade uns enlaces WEB interesantes que vos achegarán, sen dúbida á vida e obra de María Vitoria Moreno.

    

        👉   Seminario Galán (fichas, enlaces y moito máis)

            👉  Programación Letras galegas 2018 Xunta de Galicia