xoves, 30 de marzo de 2017

Magdalenas con corazón

O día 30 de marzo, contamos coa visita de alumnado do centro AMICOS e as súas familias. Xuntos cociñamos un postre moi emocional, magdalenas de améndoa con forma de corazón, para poder degustar e sentir…







mércores, 29 de marzo de 2017

Acrosport en Frións

Coreografía de Acrosport realizada durante as sesións de Educación Física. Foi deseñada e executada polos alumnos/as de quinto e sexto curso. Da xenio velos!




domingo, 26 de marzo de 2017

Obradoiros de cociña con amor 2017

Por segundo ano consecutivo, celebramos no cole os obradoiros de cociña pola tarde, este ano dirixidos ao alumnado de 2º curso de primaria... Será do 28 ao 30 de marzo e imos a pasalo de rechupete!

martes, 21 de marzo de 2017

Que é para ti poesía...

Con motivo do día da poesía, o 21 de marzo, ademáis de ler poemas na hora do Plan Lector...



...pois preguntámolle ao alumnado de infantil sobre o tema. As respostas foron variadas e paveras. Aquí unha pequena mostra con alumnado da aula de 6º de infantil.





luns, 20 de marzo de 2017

Convivencia en 6º curso

Presentación moi persoal do alumnado de 6º curso.
O alumnado de 6º curso quixo presentarse aos compañeiros doutros centros do entorno, e quixo darse a coñecer de corazón. Fixeron un precioso traballo de descripción persoal, mirando para dentro con amor e sentimento positivo. Para acompañar esa descripción, cada un fixo un autoretrato ben bonito e creativo, amosando toda a beleza interior que hai en cada un.

venres, 17 de marzo de 2017

"OS CONTAMÚSICOS": unha mamá contacontos e un papá músico.

O venres 17 de marzo, tivemos no Plan Lector uns contacontos moi especiais, os papás de Sabela de 5º de infantil viñeron ao cole moi ben equipados. A mamá, Sonia, contounos a fábula de "Asamblea de Ratos" (do que foron disfrazados no entroido).


O papá, Jose, ofreceunos un repertorio, interpretado con distintas trompetas.Os nenos e nenas de infantil e 1º curso partiparon moi animados ... todo un recital!.



mércores, 15 de marzo de 2017

Grupos PROA 2017

Nesta ocasión preséntovos a todos os nenos que están a asistir ao PROA este ano 2017.
No grupo 1 asisten alumnos e alumnas de 2º, 3º e 5º curso.

Son: Ángela,Fatimetou, Mohamed, Sara e Fatou (detrás e de esquerda a dereita) e Iria, Yumalay, Omniya, Inola, Gisela e Shiara (diante de esquerda a dereita). Aos que xa puidechedes ver nunha entrada anterior do blogue lendo "Velliñas" aos nenos e nenas da biblioteca (pódelo ver aquí)
O grupo 2 está formado por alumnado de 4º, 5º e 6º cursos.

Na fila de atrás de esquerda a dereita están: Anass, Salah, Jhoelvin, Salma e Nerea, diante de esquerda a dereita son: Alex, Otmane, Iván e Janis. Neste grupo ese falta Araceli que non veu o día da foto.

En vindeiras entradas mostrarei moitas máis cousiñas que fixemos e faremos ao longo deste curso.

Lendo "mamás do mundo" con Khadija

Unha nai de Mongolia ensina a seu fillo a montar a cabalo; unha nai e unha filla bailan unha danza tradicional en India... Khadija, nai de Raed e Hatim, contounos co seu sorriso envolvente, como as nais do mundo coidan os seus fillos e fillas, reflexando que o cariño e a alegría de compartir tempo con eles, non ten fronteiras...e que todos os días son mulleres traballadoras!

luns, 13 de marzo de 2017

Lendo "Velliñas" desde PROA

O grupo 1 de PROA, leu un conto da maleta de familias, cedida por Bibliotecas Escolares e da que disfrutamos este mes de marzo. Os ointes foron os compañeiros e compañeiras que se quedan na biblioteca pola tarde.

                             

O conto escollido foi "Velliñas" da editorial OQO. Esta historia amosa que somos capaces de facer cousas que parecen imposibles polas persoas que queremos. Antea e Filipa (interpretadas por Natalia e Sara), son dúas velliñas humildes que comparten todo, aínda que o seu todo sexa case nada: sopa de auga de luns a sábado e un fideo a medias os domingos.

mércores, 8 de marzo de 2017

Día da muller traballadora desde Frións 2017

No día da muller traballadora, Ainhoa, Romeo, Uxía e Salaheddine, alumnos e alumnas de 6º curso, contaronnos quen son as mulleres referentes para eles na súa vida...