mércores, 27 de decembro de 2017

Visita do Apalpador

Visitounos o Apalpador, compartiu vivencias e ensinounos, como outras veces, a respectar a natureza e gozar das cousas sinxelas.
Se queredes ver máis fotos e coñecer un pouco mellor a este personaxe do Nadal, premede na imaxe.


mércores, 20 de decembro de 2017

Recomendacións para o Nadal

Xa estará enviada a carta aos REIS, a PAPÁ NOEL e a O APALPADOR!
Pero seguro que aínda a retocaredes moitas veces antes de que chegue o día grande dos agasallos. Así que para Aqueles e Aquelas que lles guste a lectura e os contos, deixamos unhas recomendacións de lectura fantabulosas. Son moi divertidas e entretidas. Hai para todos os gustos e idades.
Mirade! Mirade! e nunca deixedes de pedir un conto polo Nadal.

FELICES E AQUELADAS FESTAS FRIONEIROS/AS!!

venres, 15 de decembro de 2017

Apalpador

O Apalpador visitounos e encheunos o corazón de bos desexos, recordando o importante que é coidar o noso medio, a natureza, para que ela poida seguir coidando de nos.

Teño dereito a ser nen@

Nos lembramos os dereitos d@s nen@s  versionando o libro "Tengo derecho a ser niño" de Aurélia Fronty. O alumnado d 5º de Infantil debuxou e escribiu algunhas parts do libro.
Aquí vos deixo o resultado.


luns, 11 de decembro de 2017

Tradición Oral

Recompilamos uns refráns e ditos da tradición oral e gravámolos  para compartilos con tod@s vos. De seguro que coñecedes moitos máis. Pois veña!!! A compartilos coa mocidade para que non se esquezan👏👏👏

mércores, 29 de novembro de 2017

Os bibliolectores de 6º lendo ao peques de 5º de infantil

Os padriños e madriñas lectores de 6º nivel, tomaron moi en serio o seu traballo e xa levan todo  o mes de novembro léndolle aos peques de 5 anos, que están moi atentos e atentas.





Agora xa están desexando que chegue o luns para ver que lles teñen preparado... aquí a mostra:








xoves, 23 de novembro de 2017

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Se queres saber máis ou traballar o tema cos/as máis pequenos/as da casa, selecionamos recursos na WEB para ti
                            PREME AQUÍ

http://www.un.org/es/events/endviolenceday/

"Rosa Caramelo"

Cadrando coa conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, desde o concello convídannos a participar nunha interesante actividade para nenos e nenas de 4 a 8 anos coas súas familias.


mércores, 22 de novembro de 2017

Celebrando o Magosto no cole

Xogamos, saltamos,  escoitamos contos, bailamos, fixemos un mural, rimos e  por suposto, comemos castañas. Pasámolo moi ben!

Mirade unhas fotos das actividades que realizamos.



Se queredes ver máis fotos premede AQUÍ

martes, 21 de novembro de 2017

" II Concurso Escolar sobre a Enfermidade de Alzheimer: Recordo inesquecible "

Co motivo do "Día internacional do Alzheimer" a asociación AGADEA organizou un concurso de debuxo para os escolares dos concellos de Santiago, A Estrada e Ribeira.
O alumnado de 4º e 6º participou e conseguimos o 1º e 2º premio da nosa localidade.
Aquí tedes as gañadoras recibindo os agasallos.
Noraboa!




xoves, 2 de novembro de 2017

Biblioaxudantes e apadriñamentos lectores en 6º curso 2017

Xa está en marcha o novo equipo de biblioaxudantes de 6º curso con moitas ganas e ilusión. Podes atopalos facendo a súa garda na biblioteca todos os recreos.


Foron os encargados de repartir os novos carnés de biblioteca e foron uns monitores excepcionais nas ximcacas do Samaín.


Seguro que o fan tan ben como os equipos doutros anos, continuando con tarefas como os apadriñamentos lectores entre o alumnado de 6º curso e os peques de infantil.



mércores, 1 de novembro de 2017

Samain 2017

Celebramos o Samaín participando nunha xincana de oito probas: Luz negra, xogo musical, medo, conto de Samaín, maquillaxe, xogos tradicionais e atoupa o tesouro.
Para rematar saboreamos unha rica chocolatada con churros. Foi un día completo!



Preme AQUÍ para ver todas as fotos 


martes, 31 de outubro de 2017

Debuxo e lema Medio Ambiente

Xa temos gañadorá do concurso de debuxo e lema para o proxecto de Medio Ambiente! Entregámoslle un agasallo aproveitando a festa do Samaín.

Iria Calvo 3ºA
Velaquí  tedes tódolos debuxos, o primeiro é o gañador .


Temos expostos tódolos traballos presentados ao concurso nunha parede do colexio.


Grazas a todos por achegarnos as vosas creacións!

venres, 27 de outubro de 2017

Marcapáxinas do Aquel

Para conmemorar a semana da Biblioteca tamén elaboramos uns marcapáxinas moi sinxelos coa imaxe do Aquel.
Os alumnos de 6º gravaron un titorial para explicar como se facían.


Foron polas aulas axudando aos máis pequenos na súa elaboración e aproveitaron para repartir entre o alumnado os novos carnés de biblioteca.




martes, 24 de outubro de 2017

Día da Biblioteca

Para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares convidamos a Lola, da librería Aenea (Santiago).
Tróuxonos moitos libros interesantes e presentounos algúns deles, convidándonos a viaxar cos seus personaxes a través das súas páxinas.


Agora temos máis materiais novos para compartir con todos os que veñades visitarnos!

domingo, 8 de outubro de 2017

Lema Bibliotecas Escolares 2017/2018


"Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas..." 
Este é parte do texto que interpreta a ilustración. Se quere ler todo o texto prema na imaxen.

mércores, 21 de xuño de 2017

Premiados/as en Frións 2016-17

Os alumnos e alumnas de 2º e 6º nivel, este curso 2016-17 participaron en moitas actividades organizadas por diferentes organizacións:
  •  Premio para un estudante 6ª nivel, Juan, no concurso de debuxo Asociación de AGADEA Alzheimer.
  •  Premio para un estudante 6ª nivel, Juan, para o poema "Miña Terra" no certame literario "Letras Galegas 2017" convocado polo concello de Ribeira.
  • Premio para dous estudantes da 6ª nivel, Celia e Moumneim, gañadores nun concurso de redacción, " Atrévete a ter unha idea", da Consellería de Educación.
  • Segundo Premio a nivel provincial, a un estudante de 2º nivel, Sandro, polo debuxo sobre o medio ambiente, convocado pola radio COPE.




Muro graffiti desde Arts.

Así de chulo quedou o muro do noso cole, pintado por toda a comunidade educativa nas clases de "Arts"... quedounos xenial!!!. Na foto o alumnado de 6º curso, cos profes implicados no proxecto, a titora e o director.


           





martes, 13 de xuño de 2017

Proxectos finais en PROA

Neste último mes do PROA desenvolvemos dous pequenos proxectos de investigación.

O grupo 1 fixo un proxecto sobre cogomelos, investigaron que son, se os podemos comer, que partes teñen, como son... e ata cultivamos os nosos propios cogomelos ostra.
No grupo 2 dividiron o planeta nos seus 5 continentes e buscaron información sobre Europa, Asia, África, Oceania e Ámerica; para despois elexir 2 países deses continentes e descubrir cousas diversas sobre eles.





Moitas grazas a todos por ter participado do PROA 2017.

mércores, 31 de maio de 2017

Concurso de maio "foto e adiviña"


No mes de maio, a través da páxina do facebook  O Aquel de Frións, propuxemos facer un concurso de refráns entre os visitantes do perfil. A foto que tivo mais "likes", foi a dun cuco, enviada por Lugo Rios Montes e Vales, co seguinte refrán:
"Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil, e entre 
San Xoan e a sega, marcha o cuco para a súa terra"

Moitas gracias pola
aportación desta foto que ambientará o noso centro.

xoves, 25 de maio de 2017

Anxo Moure e "Caramulo"

O 25 de maio, desfrutamos da visita do escritor chantadino Anxo Moure, a través da editorial Consorcio. Os máis pequenos do cole participaron activamente e moi entusiasmados coas súas historias, presentando a "Caramulo", a súa última obra, dentro da súa traxectoria en defensa da natureza: "O carballo con botas", "A Xacia Luviña", " O paraugas milaugas"...










xoves, 18 de maio de 2017

"Miña terriña", Premio Certame Literario maio 2017

O alumno de 6º curso, Juan Francisco Tomé Sampedro, obtivo un premio no Concurso Literario das Letras Galegas do Concello de Riveira, con "Miña terriña", proba de que non todo é futbol o que lle sae ben a este mozo.

xoves, 11 de maio de 2017

Buceando na busca de novas especies

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións.
O xoves 11 de maio, tivemos unha CHARLA para o alumnado de 5º e 6º curso, polo encargado do CENTRO DE BUCEO HYDRONAUT EN RIBEIRA e presidente do GRUPO DE ESTUDOS DO MEDIO MARIÑO (GEMM). Jacinto Pérez é un buceador que busca quen apadriñe novas especies que descubren nas súas inmersións pola ría, proba do cambio climático.

martes, 9 de maio de 2017

Lendo á sombra intercentros

No patio do CEIP pl. de Frións, recibimos ao alumnado do CEEPR Amicos e ao do CEP Pilar Maeztú Sierra, para que o alumnado de 6º curso, xa experto lector, distribuido en grupos lles lesen contos emocionais e en valores. Despois desfrutaron da merenda e do xogo nun recreo compartido... Que ben o pasaron e canto desfrutaron.Unha experiencia a repetir.









luns, 8 de maio de 2017

Medicina e valores polo mundo

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións:
o luns 8 de maio, tivemos unha CHARLA sobre ONGs, pola PEDIATRA DO HOSPITAL DO BARBANZA (Marian Cangas). Primeiro leulles un conto ao alumnado de EI, un Kamisibai sobre a sida en África e logo faloulles ao alumando de 5º e 6º curso, sobre a súa labor en Paquistán e en Kenia, colaborando con Médicos sen Fronteiras.





 

xoves, 4 de maio de 2017

Novidades


EXPER-I-CIENCIA. correntes mariñas

Actividades da I SEMANA DE VALORES CON CIENCIA no CEIP Plurilingüe de Frións:
o xoves 4 de maio, tivemos unha EXPERIENCIA-CHARLA DUN CIENTÍFICO (Antonio Cobelo, experto en correntes mariñas), solicitado desde EXPER-I-CIENCIA CSIC, para o alumnado de 5º e 6º curso. Foi toda unha experiencia misturar auga de cores doce e salgada, vendo como reaccionan.