venres, 29 de abril de 2016

Alumnos de 6º presentan novidades de abril 2016

Os axudantes de biblioteca de 6º curso contannos ao seu xeito que recomendacións lectoras se fixeron desde o Equipo de Bilioteca para o mes de abril, antipando xa o que podemos atopar de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas.



martes, 26 de abril de 2016

E naceron os pitiños de Frións!!!!

Que alegría levaron os coidadores de ovos de quinto curso, hoxe ao ir remover os ovos na incubadora, sorpresa!!!! había un pitiño que rompera o cascarón...e ao longo da mañá cinco máis...e ahí nos quedamos. O Aquel está moi contento de que na súa casa naceran poliños tan feitiños.



IMG_0127

IMG_0122

IMG_0120

IMG_0128

xoves, 21 de abril de 2016

Día mundial do libro e dos dereitos de autor

Durante os recreos desta semana, os alumnos tiveron o seu dispor na biblioteca, uns carteis para colorir. Despois puxemolos nas paredes do cole para lembrar esta data sinalada a toda a comunidade educativa.



23 de abril;Día Mundial do Libro 2016

Achégase unha das datas máis significativas para as Bibliotecas, o "Día Mundial do libro". Nesta ocasión a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou un pequeno díptico cun fermoso texto, agasallo do autor Pedro Feijó que nos gustaría compartir con todos vos. Se o queredes ver mellor ou descargar, premede no enlace: DÍPTICO
Díptico día do libro
[caption id="attachment_2493" align="alignleft" width="450"]Díptico Díptico[/caption]
Díptico

luns, 18 de abril de 2016

Unha contacontos en Frións: María da Pontragha

María da Pontragha engaiolou aos nenos e nenas máis pequerrechos de Frións, co seu doce contar e fíxonos rir coas súas ocorrencias de boa contadora de historias baseadas no mito e na experiencia.
Nótase que foi educadora e dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí, comezando no 2009 comezou a súa andaina no mundo das contacontos tanto para infantil e xuvenil, coma para adultos.

IMG_0302

IMG_0303

IMG_0305

IMG_0306

sábado, 16 de abril de 2016

MIGUEL DE CERVANTES


Este ano conmemóranse os 400 anos dun dous máis recoñecidos escritores universais, Miguel de Cervante Saavedra.
Gustaríanos que puidésedes participar do mesmo dun xeito sinxelo e accesible, polo que vos deixamos o enlace a unha páxina web donde desfrutar xogando e aprendendo sobre o autor e a súa obra.


Cernantes

venres, 15 de abril de 2016

Proxecto "Pio-pio" 2016

Continuando as ansias investigadoras do alumnado de 5º curso, iniciadas no pasado curso con pequenos "estudios científicos", este curso embarcamos nun proxecto máis ambicioso que vai do "ovo ao polo".

Partimos de preguntas do alumnado de 3º e 4º curso, que QUERÍAN SABER:
¿De que están feitos os ovos?
¿Como se crea o ovo dentro da galiña?
¿Como se fai o cascarón? ¿De que está feito?
¿En que parte do corpo a galiña fai os ovos?
¿Todos os ovos de galiña poden ter pitiños?
¿Como sabemos se un ovo está fertilizado?
¿A que temperatura se incuba un ovo?
¿Canto tempo dura a incubación dun ovo?...


IMG_20151205_175502

Recollidas as preguntas, fixeronse tres grupos de traballo na aula de 5º curso e van plasmando nun cartel o seu traballo colaborativo en tres apartados:
-"que pensamos" antes de empezar co tema.
-"que nos interesa", unha vez imos avanzando nos contidos e o que lles vai interesando saber.
- "que investigo", onde xa van contestando o que lles interesou investigar para coñecer máis sobre o tema e poder responderlle aos compañeiros de 3º e 4º curso.


IMG_0007

IMG_0009

IMG_0006


Ademáis, cada grupo vai recopilando fotos e distintos materiais relacionados cos ovos, polos, aves...e outros animais ovíparos, para facer unha exposición.

Co resultado da investigación o alumnado de 5º curso fará unha presentación dixital para acompañar a exposición oral do seu traballo, así como un libro de aula que recolla os "SABIAS QUE" que foron investigando do ovo ao polo.

20160408_121558

20160408_121606

E como broche final, ESTAMOS A INCUBAR OVOS NO COLEXIO!!!. Temos unha incubadora en préstamo e botamos ovos caseiros, debidamente fertilizados polo galo do galiñeiro e cada día os/as alumnos/as de 5º se van turnando para "removelos" e asegurar que están ben quentiños.

20160414_142329

20160414_142220

O entusiasmo é moito...e temos vixiando o noso pito de Frións, a ver se coa axuda do Aquel saen a ramo todos os pitiños deste "proxecto frioneiro"...a pesar dos tronos, granizadas e tornados!


20160413_144121

20160413_144136

luns, 11 de abril de 2016

Visita da escritora Erica Esmorís

Nacín nunha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, dende o principio, os meus compañeiros de viaxe...


Así comezou falándolle aos rapaces e rapazas de 5º e 6º curso a escritora Erica Esmorís na súa visita ao cole para falarnos do seu libro "Nena e o mar", premio Merlín 2015, que estivemos a ler neste trimestre.

IMG_0298

IMG_0299

IMG_0300

IMG_0301

mércores, 6 de abril de 2016

Cantounos Magín Blanco

Que suertudos os frionciños e frionciñas, que en abril chegoulles música para as orellas e alegría para os pes. Xa en febreiro emocionamos os corazóns con "Meu amor estoupa".

Na súa visita a Frións, Magín Blanco tamén nos cantou os versos de Manuel María, que aparecen en "Canta o Cuco", libro disco que podedes atopar na biblioteca para gozar coa música e cos poemas do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.

IMG_0308

IMG_0310

IMG_0309

luns, 4 de abril de 2016

Novidades ABRIL 2016

abril

CONSTRUIMOS PRISMAS NO PROA

Os alumnos de 5º e 6º de PROA construen prismas con palliñas e plastilina estudando as súas características.

Os alumnos de 3º e 4º de PROA construe formas xeométricas cos petantacubos

20160404_173035_HDR 20160404_180532_HDR

20160404_173104_HDR

20160404_173116_HDR


20160404_180543_HDR 20160404_182141_HDR

20160404_182148_HDR 20160406_171953_HDR

20160404_182219_HDR 20160404_182301_HDR

20160406_171927_HDR

20160406_171933_HDR

sábado, 2 de abril de 2016

Lendo ao sol de venres

O 2 de Abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil. Desde a biblioteca do Aquel, lembramos a importancia de ler bos libros a todas as nenas e a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.


IMG_20151016_130030

IMG_20151106_125919

IMG_20151204_125417

Os padriños e madriñas lectoras de 6º curso, moito leron ao sol neste curso ao alumnado de infantil...e tamén aos de 1º e 2º curso, compartindo momentos cos preciosos contos infantís da biblioteca e intercambiando a súa lectura, ben xuntiños aproveitando calquera recuncho do patio de infantil, xa á carón dunha árbore, sentados nun banco, nas escaleiras ou na zona de lecer dos máis pequenos...

IMG_20151204_125622


IMG_20151204_125646

IMG_20160311_125710

Foronse creando grandes vínculos afectivos nesas horas de letras ao vento...que se notan co cariño co que lles len ou lles escoitan... Lendo con amor, queda mellor!

IMG_20151204_130009

IMG_20160311_125806