xoves, 31 de marzo de 2016

Semana da prensa en Frións

Con motivo da "Semana da prensa" o Aquel propuxo unha actividade para todo o alumnado do centro. Tiveron que recompilar noticias dos xornais, cada curso dunha sección diferente e con elas elaborar un mural. Participaron moitos/as alumnos/as, uns recollendo noticias, outros recortándoas e outros pegándoas no mural. Aquí vos queda un vídeo do proceso co resultado, esperamos que vos guste.

mércores, 30 de marzo de 2016

Son da feira e veño á escola

"Son de familia feirante e gústame vir á escola", está feito con grabacións de alumnado e docentes do centro que falan sobre o alumnado de familia feirante e a súa inclusión na escola, por ser o de problemática de absentismo máis vixente no centro. Remarcar que somos un centro moi diverso e a finalidade deste corto é valorar que todos os nenos e nenas acudan regularmente de xeito presencial á escola: aprender, xogar, investigar, cooperar, explorar, interactuar... apréndese en grupo e eso non se suple con "deberes", o deber é que veñan á escola".

venres, 11 de marzo de 2016

PEQUENOS COCIÑEIROS EN PROA

O alumnado de PROA aprende a facer unha receita de galletas, seguindo os diferentes pasos e medindo as proporcións.

Que ricas nos quedaron...non quedaron nin as migas!

20160310_171137_HDR

20160310_171601_HDR 20160310_171611_HDR

20160310_171736_HDR 20160310_172004_HDR


20160311_172422_HDR

20160311_173604_HDR 20160310_180544_HDR

20160311_173700_HDR 20160311_181510_HDR

xoves, 10 de marzo de 2016

Dia 10 na semana da Cociña en Frións

Tarde de froita e creación artística, con toda unha explosión de cor e sabor que os máis pequenos agradeceron deixando voar a imaxinación e aventurándose a probar deliciosos pratos elaborados por eles, xa convertidos en maestros de cociña e como tales foron acreditados con diplomas e gorros incluidos.

IMG_20160310_170543

IMG_20160310_170530

IMG_20160310_170602

IMG_20160310_170558

IMG_20160310_170524

IMG_20160310_171409

mércores, 9 de marzo de 2016

Día da muller con Raquel e Carolina

Na hora de ler tivemos visita por partida doble: Raquel a mamá de Sara e Daniel Pérez Mariño e Carolina, a mamá de Gael e Claudia Vidal García, enfermeira unha e enxeñeira técnica forestal outra. Viñeron superequipadas para ensinar aos máis pequenos e pequenas en qué cosiste o seu traballo... Toda unha experiencia!

IMG_20160308_125852

IMG_20160308_130039

IMG_20160308_131951

IMG_20160308_125930

Dia 9 na semana da Cociña en Frións

Ricos e apetitosos os doces de cacahuete e os de coco que fixeron os nosos frionciños e frionciñas coas indicacións e bn facer de Khadija e Lubna, mamás de alumnos/as do cole que fixeron de estupendos axudantes de cociña.

IMG_20160309_162944

IMG_20160309_164222

IMG_20160309_164924

IMG_20160309_171751

IMG_20160309_172126

luns, 7 de marzo de 2016

Dia 7 na semana da Cociña en Frións

Todo un éxito a participación animada dos máis pequerrechos do cole nos obradoiros de cociña que se realizaron polas tardes na semana do 7 ao 10 de marzo.
O luns 7 contamos sushi e minihamburguesas, ao cargo do papá master chef Antonio Alján, coa axuda inestimable da súa muller Dolores.


O día 7 contamos coa colaboración do papá master chef Antonio Alján e a axuda inestimable da súa muller Dolores, cunha demostración práctica para facer sushi e minihamburguesas que os aprendices degustaron e puntuaron de rico, rico!!!


IMG-20160308-WA0019

IMG-20160308-WA0003

IMG-20160308-WA0011

IMG-20160308-WA0012

venres, 4 de marzo de 2016

"OBRADOIRO DE COCIÑA FRIONEIRA"

En Frións queremos incentivar o talento e a creatividade dos máis pequenos. Dentro dos Programas Contrato, como un Programa de Excelencia, os días 7, 9 e 10 de marzo imos facer pola tarde uns obradoiros de cociña, dirixidos aos NENOS E NENAS de INFANTIL, 1º e 2º curso.
A idea é compartir cos nenos e nenas máis pequenos do centro, o interese polo mundo gastronómico, a partir da preparación de platos ricos e nutritivos que lles permitan desenvolver a súa capacidade motriz, sensorial e creativa, contando coa colaboración de papás e mamás, que nos contaxiarán o seu gusto culinario.

IMG_20160307_180715