mércores, 16 de decembro de 2015

Mercadiño solidario: "Quilo por libro":

Aproveitando a celebración do festival de Nadal, organizamos no centro un Mercadiño Solidario de libros: "Quilo por libro". Consiste en "intercambiar" alimentos non perecedoiros (arroz, pasta, legumes, latas...) por un libro de segunda man, a escoller, dos expostos nunha mesa á entrada do cole. A comida recollida levarémola a unha ONG para repartila entre os máis necesitados de Ribeira. Animádevos a participar!

IMG_20151216_135533


O Mercadiño Solidario gustou moito e unha vez mais comprobamos a xenerosidade da nosa comunidade, compartindo do seu cos que teñen necesidade. Agradecémolo moito e desexamos que gocen da lectura en familia.


"Quilo por libro"</aQuilo po libro>
Quilo por libro

Lecturas para todas as idades no nadal

Desde Frións queremos encender chispas con boas palabras e que vos quentedes coas lecturas para todas as idades que vos recomendamos desde o Equipo de Biblioteca.
Non esquezades meter un libro no saco de agasallos e para que lembredes que calquera data é boa para regalar un libro, vai cun calendario do 2016... Cantos libros ides ler para o ano novo?!...

IMG_20151214_100041
IMG_20151216_141618

Concurso de contos: ‘Palabras compartidas no Nadal’.

Nestas datas de estar en familia, aproveitamos para pedir ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria que participen escribindo un conto ambientado no nadal, no que saian conceptos como a solidariedade, o intercambio cultural e o recoñecemento de distintas profesións presentes na sociedade actual.

IMG_20151216_095323 IMG_20151216_114723

A extensión será o que ocupe o relato breve na plantilla en folio e pode ir acompañado dun debuxo.

O prazo para presentalo será o 11 de xaneiro e o gañador ou gañadora terá un premio a determinar, pois seguro o deixarán os Reis Magos na casa do Aquel. Anímate a participar!!!

O xurado, composto por membros do equipo de biblioteca, valorará de forma especial os textos escritos con palabras positivas, cunha pinga de imaxinación e bos sentimentos.

Con todos os contos participantes, faremos un libro de contos de nadal para que poida desfrutar todo o colexio das vosas creación.

luns, 14 de decembro de 2015

Contacontos Youba

Antes de rematar o trimestre invitamos algúns pais/nais do novo alumnado a compartir cos nenos un conto e algo mais. Youba, o papá de Yayha e Fatimetou animouse a contarnos cousas do seu país Nouadhibou (Mauritania). Os nenos e nemas de Infantil, de 1º e de 2º curso poideron disfrutar co que compartíu, aquí vos deixo unha mostra do encontro.

venres, 11 de decembro de 2015

A árbore das palabras compartidas

Chegan estas datas e como cada ano fixemos un CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL entre o alumnado. Éste ano tratouse de facer unha postal buscando unha PALABRA POSITIVA en galego e decorámola en familia, botándolle unha pinga de imaxinación e bos sentimentos. No reverso, escribimos un bo desexo para o novo ano empregando esa palabra e tamén a traducimos a distintos idiomas. Con todas as postais plantamos unha “ÁRBORE DE PALABRAS COMPARTIDAS” na entrada do cole e a postal gañadora, será a felicitación representativa do noso centro para este nadal cheo de ILUSIÓN.

IMG_20151211_112241

IMG_20151211_101516 IMG_20151211_101536

IMG_20151211_101546 IMG_20151211_101444

IMG_20151211_103806 IMG_20151211_103305

mércores, 2 de decembro de 2015

Día Internacional de los Derechos del niño

Para conmemorar o Día Internacional de los Derechos del niño, O Concello de Riveira convidounos a desfrutar dunha representación a cargo dos "Titiriteros de Binéfar" (premio nacional de teatro para la infancia y la juevntud). Acudimos moi entusiarmados e gozamos co espectáculo.
En la boca del lobo
Pedro Lobo

PL1