luns, 23 de marzo de 2015

Á sombra de que árbol estamos a ler?

Como os alumnos e alumnas de 6º curso foron medrando coas árbores do patio...queren saber cómo se chaman...ainda que por agora non teñen nin unha folla de pista!!!!

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

Van investigar e unha cualidade lle van a dar...para compartir e ler cos seus frionciños de infantil á súa sombra,

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

sábado, 21 de marzo de 2015

Eu leo a sombra de...

Comezamos esta actividade o 21 de marzo, comezo da primavera, día Internacional dos Bosques e día mundial da poesía.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A madriña lectora Claudia de 6º curso, escolleu a PRUNUS CERASIFERA 'PISSARDII', para lerlle a Ismael de 4 anos e asignáronlle a cualidade da ALEGRÍA que asociaremos cun video en código QR, cal sera???.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

mércores, 18 de marzo de 2015

Novas de ciencia...2015

Cada día hai unha nova de ciencia e os doutores peteiro de 4º curso están á súa búsqueda en distintos medios: na rede, nos periódicos, nas revistas... para compartilas, dalas a coñecer e difundilas desde Frións...ao resto da comunidade...;-)

OLYMPUS DIGITAL CAMERADSC_1478

DSC_1460DSC_1459

venres, 13 de marzo de 2015

O Grupo 1 de PROA fai un mural de cara a chegada da Primaveira.

Quedan apenas uns días para que dé comezo a nova estación, para celebrar a súa chegada o grupo 1 de PROA realizou un mural no que plasmaron a sua visión sobre a Primaveira.
20150312_163327

Os rapaces e rapazas do PROA aprenden a facer un biscoito

Nestos últimos días, os grupos que asisten ao PROA puideron ver de primeira man como se fai un biscoito paso a paso, fixeron por eles mesmos o seu propio biscoito que logo degustarían unha vez feito. Aínda que algún saiu un pouco tostadiño de máis, a experiencia foi gratificante.
20150311_170147

Tamén fixeron cartulinas coa receita do biscoito, que foron colocadas nas paredes cercanas á aula de cada un deles.
20150311_170204

xoves, 12 de marzo de 2015

Semana da muller traballadora

Con motivo da celebración do día da muller traballadora o 8 de marzo, invitamos ao cole a duas mamás que nos contaron a súa experiencia traballando fóra de Galicia.
DSC_1129IMG_20150309_125619
O luns 9 contamos con Dolores González, mamá de Sandro de 6º de infantil e de Moira e Silvio, antiguos alumnos. Contoulles aos alumnos de EI e aos de 1º e 2º curso de primaria a súa experiencia traballando en "kindergarten" en Suiza. Dolores puido vivenciar en Suiza o que é o día a día nun país que respira natureza e no que o respeto e coidado polo seu entorno, vai na práctica diaria.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

O mércores 11 de marzo visitounos Matilde García, mamá de Mariña, Iago e Iván, alumnos de 5º e 6º curso de primaria. Relatounos a súa experiencia como mestra nun colexio relixioso en Bolivia. Matilde compartiu cos rapaces e rapazas fotografías e recordos da súa experiencia, transmitindo o cariño, respeto e o bo trato que atopou nas xentes coas que compartiu eses anos da súa vida.

martes, 10 de marzo de 2015

Día da Paz

DSC_0213

No cole de Frións celebramos o día da paz por todo o alto, cremos que paga a pena traballar un tema moi importante, dende a biblioteca convidamos ós nenos a crear un mural entre todos e este foi o resultado.

IMG_20150130_101619IMG_20150130_101633