mércores, 16 de decembro de 2015

Mercadiño solidario: "Quilo por libro":

Aproveitando a celebración do festival de Nadal, organizamos no centro un Mercadiño Solidario de libros: "Quilo por libro". Consiste en "intercambiar" alimentos non perecedoiros (arroz, pasta, legumes, latas...) por un libro de segunda man, a escoller, dos expostos nunha mesa á entrada do cole. A comida recollida levarémola a unha ONG para repartila entre os máis necesitados de Ribeira. Animádevos a participar!

IMG_20151216_135533


O Mercadiño Solidario gustou moito e unha vez mais comprobamos a xenerosidade da nosa comunidade, compartindo do seu cos que teñen necesidade. Agradecémolo moito e desexamos que gocen da lectura en familia.


"Quilo por libro"</aQuilo po libro>
Quilo por libro

Lecturas para todas as idades no nadal

Desde Frións queremos encender chispas con boas palabras e que vos quentedes coas lecturas para todas as idades que vos recomendamos desde o Equipo de Biblioteca.
Non esquezades meter un libro no saco de agasallos e para que lembredes que calquera data é boa para regalar un libro, vai cun calendario do 2016... Cantos libros ides ler para o ano novo?!...

IMG_20151214_100041
IMG_20151216_141618

Concurso de contos: ‘Palabras compartidas no Nadal’.

Nestas datas de estar en familia, aproveitamos para pedir ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria que participen escribindo un conto ambientado no nadal, no que saian conceptos como a solidariedade, o intercambio cultural e o recoñecemento de distintas profesións presentes na sociedade actual.

IMG_20151216_095323 IMG_20151216_114723

A extensión será o que ocupe o relato breve na plantilla en folio e pode ir acompañado dun debuxo.

O prazo para presentalo será o 11 de xaneiro e o gañador ou gañadora terá un premio a determinar, pois seguro o deixarán os Reis Magos na casa do Aquel. Anímate a participar!!!

O xurado, composto por membros do equipo de biblioteca, valorará de forma especial os textos escritos con palabras positivas, cunha pinga de imaxinación e bos sentimentos.

Con todos os contos participantes, faremos un libro de contos de nadal para que poida desfrutar todo o colexio das vosas creación.

luns, 14 de decembro de 2015

Contacontos Youba

Antes de rematar o trimestre invitamos algúns pais/nais do novo alumnado a compartir cos nenos un conto e algo mais. Youba, o papá de Yayha e Fatimetou animouse a contarnos cousas do seu país Nouadhibou (Mauritania). Os nenos e nemas de Infantil, de 1º e de 2º curso poideron disfrutar co que compartíu, aquí vos deixo unha mostra do encontro.

venres, 11 de decembro de 2015

A árbore das palabras compartidas

Chegan estas datas e como cada ano fixemos un CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL entre o alumnado. Éste ano tratouse de facer unha postal buscando unha PALABRA POSITIVA en galego e decorámola en familia, botándolle unha pinga de imaxinación e bos sentimentos. No reverso, escribimos un bo desexo para o novo ano empregando esa palabra e tamén a traducimos a distintos idiomas. Con todas as postais plantamos unha “ÁRBORE DE PALABRAS COMPARTIDAS” na entrada do cole e a postal gañadora, será a felicitación representativa do noso centro para este nadal cheo de ILUSIÓN.

IMG_20151211_112241

IMG_20151211_101516 IMG_20151211_101536

IMG_20151211_101546 IMG_20151211_101444

IMG_20151211_103806 IMG_20151211_103305

mércores, 2 de decembro de 2015

Día Internacional de los Derechos del niño

Para conmemorar o Día Internacional de los Derechos del niño, O Concello de Riveira convidounos a desfrutar dunha representación a cargo dos "Titiriteros de Binéfar" (premio nacional de teatro para la infancia y la juevntud). Acudimos moi entusiarmados e gozamos co espectáculo.
En la boca del lobo
Pedro Lobo

PL1

venres, 27 de novembro de 2015

Libros sobre O Clima

Podedes atopar na biblioteca algúns fondos que falan do clima, do tempo meteorolóxico e do medio ambiente.
Meteo

25 N en Frións, contra a violencia de xénero

O 25 de novembro o alumnado do CEIP plurilingüe de Frións, quixo poñer o seu gran de area na loita contra a violencia de xénero, elaborando un cartel co lema: "En parella, confianza e amor con respeto"

<a href="http://">

Gravamos este pequeno corto feito con palabras en positivo para unha boa relación de parella: COMPARTIR, PACIENCIA, FORTALEZA, AMOR, QUERERSE, IGUALDAD, COMPRENSIÓN, LEALTAD, SINCERIDAD, VIVIR, ABRAZOS, DAR E RECIBIR, CARIÑO, SENTIR, RESPETO, UNIÓN, JUSTICIA, TOLERANCIA, "SER FELIZ"!

IMG_20151127_135431

Está realizado coa colaboración de todo o alumnado do CEIP plurilingüe de Frións e quedounos un traballo ben chulo!

IMG_20151127_135410

martes, 24 de novembro de 2015

Enlaces web sobre oficios

Aquí tedes unha serie de ligazóns con gran cantidade de recursos para investigar, aprender e gozar con oficios e profesións

Sin títuloOficios
http://las-profesiones.blogspot.com.es/

http://recursostic.educacion.es/multidisciplinar/wikididactica/index.php/Oficios

http://webdelmaestro.com/las-profesiones/

http://www.conmishijos.com/tareas-escolares/conocimiento-del-medio/las-profesiones-ejercicios-para-ninos/

http://www.educapeques.com/recursos-para-el-aula/fichas-de-infantil-y-primaria-las-profesiones.html

http://www.educapeques.com/recursos-para-el-aula/fichas-de-infantil-las-profesiones-segunda-parte.html

http://www.educarenigualdad.org/media/pdf/uploaded/old/Mat_2

http://www.escuelaenlanube.com/el-libro-de-las-profesiones/

http://www.escuelaenlanube.com/recursos-para-el-aula-fichas-de-las-profesiones/

http://www.imageneseducativas.com/cuadernillo-de-trabajo-album-de-los-oficios/

http://www.orientacionandujar.es/2013/03/06/videoactividad-las-profesiones-mi-papa-tienen-una-profesion-diferente/

http://profesiones.dibujos.net/

http://www.educaweb.com/profesiones/

http://tics-profesionesyoficios.blogspot.com.es/

http://www.portaleducativo.net/primero-basico/24/Profesiones-oficios.otras.actividade#

http://recuerdosdepandora.com/historia/las-profesiones-y-oficios-desaparecidos/

http://www.emagister.com/blog/las-profesiones-del-futuro/

Apadriñamento lector no curso 2015-16

Os rapaces de Frións espalláronse polo patio, aproveitando o bo tempo de novembro, para disfrutar de ler en boa compañia e con agarimo.

Padriños lectores

Aquí vos deixo un novo vídeo dos nosos padriños e madriñas lectores de 6º de primaria co alumnado de infantil. Espero que vos guste, "VOUCHE LER UN CONTO"

">

venres, 13 de novembro de 2015

Obradoiro de encadernación

Este ano para conmemorar o día internacional das bibliotecas escolares buscamos xente da nosa comunidade que tivesen oficios relacionados cos libros. Convidamos ao noso centro ao equipo de encadernación de AMBAR (Asociación de Minusválidos da Barbanza).
Empeza a explicación
Truxeron parte do equipamento que empregan para encadernar os libros, e ensináronnos de xeito sinxelo e moi gráfico como o fan.
Aquí tedes un vídeo da visita. Disfrutádeo!

venres, 9 de outubro de 2015

E este ano investigaremos que queremos ser...

Xa co novo curso empezado, iniciamos a nosa andaina co novo Proxecto de biblioteca 2015-16, “Construindo bibliorecetas para ser quen queres ser”...
Un proxecto ilusionante, do que vemos as primeiras mostras aportadadas polo noso alumnado, que desde infantil a primaria ten grandes aspiracións.

20151110_104502

20151110_104541

sábado, 20 de xuño de 2015

6º para sempre nunha pegada de árbore

O alumnado de 6º curso quixo deixar a súa pegada e facer un último traballo no "libro das palabras". Debuxaron unha fermosa árbore e cada un deixou impresa en cores a súa pegada cos dedos, poñendo o seu nome a carón e unha cualidade que o identifique... Ata sempre Frións!
DSC_1274

DSC_1277

DSC_1276

xoves, 18 de xuño de 2015

Novo rexistro das árbores do patio

O traballo de investigación proposto para este trimeste sobre as árbores do patio, levado a cabo polo alumnado de 6º curso, chegou ao seu remate e como resultado final, elaboraron un plano comparativo da ubicación e número de árbores no ano 1998, ano en que se realizou o proxecto de Voz Natura de deu orixe á plantación das ditintas especies investigadas. Mantemos o mesmo número de árbores, unhas 50 en total, variando actualmente o número de especies... O vindeiro ano seguiremos á busca de "novidades arbóreas" para traer ao bosque de Frións!

DSC_1456

DSC_1457

xoves, 11 de xuño de 2015

Pablo e Luis de 6º curso lendo códigos QR no patio do cole

O alumnado de 6º curso do CEIP Plurilingüe de Frións fixo un traballo coas árbores do patio e explica cómo ler os códigos QR que colocaron nas paxareiras e letreiros cos nomes das árbores.

mércores, 10 de xuño de 2015

Fixemos paxareiras con cartóns de leite e zumo

Que chulas nos quedaron aos alumnos e alumnas de 6º curso estas paxareiras de cores feitas con cartóns de leite e zumo que troixemos da casa. Déronnos moito chollo, pero mereceu a pena, pois colocámoslle uns códigos QR...que te levarán a moitas fotos de momentos divertidos no cole...A qué esperas para lelos desde unha tableta ou un móbil!!!

DSC_1106 DSC_1105

DSC_1283 DSC_1282

martes, 9 de xuño de 2015

Video titorial por Bea de 6º para crear códigos QR

Desde un proxecto de innovación no que participa o cole de Frións, Bea de 6º curso fixo un video titorial onde nos explica o sinxelo que é crear códigos QR, que son imaxes como labirintos que nos levan a enlaces que podemos ler desde o teléfono, a tableta...

mércores, 3 de xuño de 2015

Chegaron as follas ás árbores...

As árbores do patio xa teñen máis follas que as Din A4 dos lectores de 6º curso e os ointes infantiles... Saen tímidas a escoitar os contos que soan baixo a súa pequena sombra... Pronto lles saberemos os nomes a cada unha!!!

[gallery ids="2279,2280,2281,2282,2283,2284,2285,2286,2287,2288,2289,2290,2291,2292,2293,2294,229 ,2296,2297,2269,2270,2271,2272,2273,2274,2275,2276,2277,2298,2299"]

sábado, 30 de maio de 2015

As árbores do patio teñen placa

O alumnado de 6º curso estivo a investigar o nome e as carácterísticas das árbores que temos no patio, clasificando 14 especies en todo o recinto. Contamos coa axuda do papá de Pedro de 5 anos, que fixo unhas placas identificativas, pero que moi ben feitas en madeira...e co seu espacio para colocar un código QR...a onde te levarán

[gallery ids="2228,2229,2230,2231,2232,2233,2234,2235,2237,2238,2239,2240,2241,2242"]?

venres, 29 de maio de 2015

Hector Lorenzo canta poemas aos peques do cole

O 29 de maio 2015 tivemos visita de Hector Lorenzo ao CEIP Pl.Frións e deleitou aos máis pequenos do cole con poemas musicados que escribiu no seu día para a súa filla.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A DORNA DO MANTEL

PAPÁ PINTOU UN BARCO
NUN ANACO DUN MANTEL:
NÓS SUBIMOS NEL
EMPOLEIRADOS NOS SEUS MASTROS.

ADIANTE MARIÑEIROS!!!
QUE HABEMOS SER OS PRIMEIROS
EN ATOPAR O TESOURO
DO PIRATA BARBILOURO.

ADIANTE MAREANTES!!!
NON TEÑAMOS MEDO,
NIN COITELOS NIN ROCHEDOS
HAN PODER CO NOSO EMBATE.

POLOS MARES DA TERRA TODA
HABEMOS NAVEGAR
A BORDO DESTA DORNA
QUE O NORDÉS FARÁ FUNGAR.

luns, 25 de maio de 2015

Visita de Ramón Caride ao cole

Visita de Ramón Caride ao CEIP Pl.Frións o 25 de maio 2015 que falou de libros como "Perigo vexetal" e "O futuro roubado" que leron os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º curso...e que gustou un montón!
OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

luns, 27 de abril de 2015

Nacín no mellor sitio do mundo

Os alumnos e alumnas de 6º curso, fixeron un traballo de investigación, e os que naceron noutro país, fixeron un traballo previo de documentación sobre o seu país de orixe (Venezuela, Perú, Bolivia, Túnez, Marrocos...) e logo realizaron unha presentación ante os compañeiros/as reflexando: localización, costumes, vexetación, clima, comidas típicas... O alumnado que naceu en Ribeira fixo o mesmo, falando do que pode atopar quen visite a cidade e arredores, coas ventaxas e cousas a mellorar no seu entorno...
OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA[/caption]

OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA[/caption]

venres, 24 de abril de 2015

1001 contos de risas e terror.

Na actividade deste venres en PROA, os alumno/as realizaron entre todos o seu propio libro caseiro para conmemorar o Día do Libro celebrado onte. Algúns escolleron temática de ficción para escribir a súa historia, outros de humor, outros de medo e intriga... Cando todos remataron de expoñer de xeito oral os seus contos, pousaron no medio da clase as súas historias correspondentes.

20150424_181438

FRIÓNS NA FEIRA DA EDUCACIÓN

Desde Frións tamén estivemos presentes na feira de Educación de Ribeira, que se celebrou na semana do 20 ao 26 de abril, expoñendo unha pequena mostra dos traballos feitos no colexio ao longo do ano, moitos relacionados co proxecto anual: "Lendo contos do Aquel por moitos lugares viaxarei".


DSC_1615 DSC_1614

DSC_1616 DSC_1618


O día 23, coincidindo co día do libro, o alumnado de 6º curso representou unha das nosas actividades estrela "Lendo á sombra"...nesta ocasión coas árbores de distintos paises feitas en cada curso.
Ollo que cada árbore levaba códigos QR con videos en valores!!!


Iván Bea

Pablo Rosa