mércores, 21 de maio de 2014

Parabéns Noemí !!!

No PROA celebramos o cumple da nosa compañeira Noemí e, entre outras cousas, aprendemos a facer croissants e saíron boísimos :)
Agora os rapaces xa saben facelos e teñen a receita anotada no caderno.
A nosa conclusión é que a mellor maneira de aprender é APRENDER FACENDO xD, pois mediante esta receita non só traballamos secuenciación, medidas,... senón tamén as figuras xeométricas ( dado que os croissants facémolos partindo de triángulos, jeje).
Que vos parecen???

sábado, 17 de maio de 2014

Día das Letras Galegas!!!

Así ve o alumnado do PROA a Xosé María Díaz Castro ;)
Fixemos dous murais ( un por grupo) e, como se pode observar, cada rapaz fixo un retrato do autor (do cal buscamos información na rede) e o resultado é xenial !!!
Escollemos da obra do autor "A NOITE É NECESARIA" e "ESMERALDA" para realizar cada un dos murais.

domingo, 4 de maio de 2014

Día da nai

Parabéns a tódalas nais :).
As nais do PROA recibiron un agasallo moi fermoso elaborado polo alumnado con todo o cariño e tamén unha tarxeta "especial" que vai incluída.
Desexamos que vos gusten!!!!