venres, 28 de marzo de 2014

OS PRONOMES PERSOAIS

Comezamos a traballar os pronomes persoais no PROA e a mellor maneira para elo foi xogar ao dado dos pronomes persoais :)
Aos rapaces gustoulles moito o comezo deste tema, o cal continuaremos mediante cancións, páxinas interactivas,... e, unha vez máis, confirmamos que se pode aprender xogando e que gusta moito máis ;)

mércores, 26 de marzo de 2014

Visita do ilustrador Jacobo Fernández Serrano

Frións recibiu hoxe, mércores 26 de marzo do 2014, a visita do ilustrador e escritor Jacobo Fernández Serrano. O alumnado de primeiro ciclo, xa estivera a desfrutar das lecturas de MARCOPOLA A ILLA REMEIRA 1.As orixes de Marcopola e 2. Os Piratas da Lúa; o alumnado de 2º ciclo estivo a ler o libro de Manolo Rivas "O raposo e a mestra", que él ilustrou, e o alumnado de 3º ciclo, xa saboreara a lectura de "Mil cousas poden pasar I" e "Mil cousas poden pasar II".


mércores, 19 de marzo de 2014

Día do Pai !

Este é o agasallo made in PROA ;) que os rapaces fixeron para seu pai, vai acompañpado de unha tarxeta con mensaxe incluía. En definitiva... Uns ARTISTAZOS !!!

sábado, 15 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA!!!

No PROA tamén somos periodistas :). Os rapaces elaboraron o pé de páxina coa estrutura propia de toda noticia, partindo de unha fotografía. Esta actividade resultou moi motivadora e, unha vez máis, aprendemos de maneira construtiva ;) A continuación temos algúns exemplos:

venres, 7 de marzo de 2014

Día Internacional da Muller

No PROA recordamos este día facendo un xogo de roles sexuais, onde o alumnado tiña que defender nunha lista de traballos aquel que elixiría se non tivese outra opción, amosando o resto de compañeiros o seu desacordo e argumentando o por qué.
Tamén fixemos dúas lecturas en gran grupo e debate posterior coa finalidade de concienciar ao alumnado da importancia deste día.